As obras descobren máis restos do Vigo antigo
Durante a fase de escavación das obras na reforma urbana na zona de Porta do Sol é habitual a aparición de restos de carácter arqueolóxico.
A actuación nestes casos pasa pola intervención do pertinente servizo de arqueoloxía asociado ao proxecto. A súa función é elaborar o informe oficial preceptivo de Patrimonio da Xunta de Galicia ou ben do Concello, que deciden finalmente o grao de protección ou conservación aplicable cando se trate de restos a conservar.
No caso do denominado Túnel dos Caños, un paso de servizo que conectaba a rúa do Príncipe coa zona da actual rúa Marqués de Valladares e rúa Victoria, o resultado foi a demolición do paso abovedado alí construído.
Nesa mesma zona de acceso ao paso soterrado baixo a Praza, descubriuse tamén unha edificación identificada como Casa de Mora, para o que está prevista unha conservación parcial cun muro de contención lateral, que non afectará á circulación proxectada nin as beirarrúas previstas. A foto de Faro de Vigo ilustra a ubicación deste elemento

A foto de Faro de Vigo ilustra a ubicación dos restos da Casa de Mora.