Os estudantes de enxeñería e construción baixan a pe de obra

A obra de reforma urbana da Porta do Sol segue despertando interese polas súas características técnicas.

A complexidade dos traballos realizados para a escavación e montaxe subterránea das estruturas de soporte da praza, coa retirada posterior da lousa de formigón existente, centran a atención nesta obra singular que con este sistema minimiza as molestias da execución nun céntrico entorno urbano.

Durante o mes de xuño temos recibido a visita de grupos de estudantes e profesores do Máster en Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo e do Ciclo Superior en Edificación e Obra Civil do Instituto Politécnico da cidade.
Durante unhas sesións prácticas sobre o terreo a cargo dos nosos técnicos, profesores e estudantes interactúan para descubrir os aspectos técnicos máis destacados dunha execución tan complexa.

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email

Para continuar navigando debes aceptar expresamente a política de cookies.