Acceso peóns

icon-calen

Para circular a pe entre Porta do Sol e Paseo de Alfonso XII evitando as molestias propias das obras como dificultades de paso, ruídos, po no aire, o máis cómodo é usar rutas alternativas  polo Casco Vello baixo ou alto.

icon-peon

Para bordear a zona de Elduayen polo Casco Vello baixo, recorre as rúas San Vicente e Perigos, ata chegar á rúa Poboadores desde onde tes acceso ao Paseo de Alfonso XII polas escaleiras de Baixada o Forte. Acceso adaptado para coches de neno ou cadeiras de rodas por Poboadores e ascendendo ao Paseo de Alfonso.

Casco Vello Alto
icon-peon

Para chegar ao Paseo de Alfonso XII polo Casco Vello alto accede desde Porta do Sol pola rúa Abeleira Menéndez ata a rúa Ferreiría, que bordea o traxecto.
Tamén podes utilizar as escaleiras mecánicas de rúa Segunda República desde Porta do Sol e collendo despois do primeiro tramo pola rúa Cruz Verde ata a rúa Ferreiría.

Casco Vello Baixo
Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email

Para continuar navigando debes aceptar expresamente a política de cookies.