Tráfico restrinxido

icon-calen

Desde o mércores, 4 de marzo, a partir das 10.00 horas, quedará interrompido  todo o tráfico rodado entre a Porta do Sol, a rúa Elduayen e Paseo de Alfonso XII, por un período aproximado de ano e medio.

icon-BUS

A partir da data sinalada, o tráfico na zona queda restrinxido tamén para o transporte público. Estblécense itinerarios e paradas alternativas para facilitar a mobilidade dos cidadáns.

  • LIÑAS C3-L5A-L8-L9A-L10- L11-L15B-L15C-N1-H1
    As liñas procedentes de Policarpo Sanz cara a Porta do Sol desvíanse por Velázquez Moreno > Praza de Compostela > Avenida de Beiramar. Desde a rotonda do Berbés as liñas toman dirección a Torrecedeira ou continúan por Beiramar cara a Travesas ou Bouzas
  • LIÑAS C3-L5A-L9A-L15C-H1
    As liñas que circulan desde Travesas-Bouzas-TorrecedeiraBeiramar cara o centro por García Olloqui > Praza Compostela > Reconquista > Policarpo Sanz
  • LIÑAS L5B-L12A
    As liñas que circulan por Pi i Margall cara o Paseo de Alfonso seguen por Cachamuiña > Blein Budiño > Venezuela > Gran Vía > Urzáiz. 
  • LIÑAS L4A-L4C-L7-L11-L12B-L17-N1-N2
    As liñas que circulan desde o centro cara Camelias ou viceversa segune a ruta: Policarpo Sanz > Colón > Urzáiz > Gran Vía > Venezuela > Camelias, onde continúan cara Travesas ou ben baixan por Romil > Cachamuiña cara o Paseo de Alfonso > Pi i Margall.

As novas paradas habilitadas estarán situadas en Policarpo Sanz 23 e Policarpo Sanz 26, Praza de Compostela 35 (en ámbolos sentidos), Praza do Rei, Camelias-Concello, Pi i Margall (antigo Asilo) e Pi i Margall 7.
Durante o período de obras quedan suprimidas as paradas comprendidas entre Policarpo Sanz 23 dirección Porta do Sol e o Paseo de Alfonso. 

Para máis detalles consulte por favor a información facilitada por Vitrasa.

icon-roxo

Circulación prohibida para o resto dos vehículos particulares no área mencionada, con itinerarios alternativos debidamente sinalizados:

  • Dirección Policarpo Sanz a Porta do Sol: recoméndase o desvío pola rúa Velázquez Moreno > Praza de Compostela > rúa García Olloqui > avenida de Beiramar, para continuar a ruta cara Travesas, ou ben acceder desde a rotonda do Berbés á rúa Torrecedeira > rúa Pi i Margall.
  • Dirección rúa Falperra ou Pi i Margall a Porta do Sol: o desvío recomendado é rúa Pi i Margall > rúa Llorente ou ben rúa Falperra > Cachamuiña, respectivamente.

A circulación estará autorizada unicamente para usuarios, residentes, garaxes, motos, taxis e carga descarga de viaxeiros ou mercancías no entorno da obra nas zonas: Policarpo Sanz e Porta do Sol ou Paseo Alfonso XII e Casco Vello Alto. A saída será polo mesmo lugar da entrada.

  • O acceso de vehículos lixeiros á zona de Policarpo Sanz (garaxes e parquing) será por Velázquez Moreno, Praza de Compostela e Reconquista
  • O acceso, para carga descarga de viaxeiros ou mercancías, de autobuses e camións á zona de Policarpo Sanz recoméndase por: República Arxentina, Areal, Praza de Compostela e Reconquista.
icon-naran

Accesos para residentes e vehículos de carga e descarga no Casco Vello: desde rúa Gamboa e  tamén desde rúa Real ata a Travesía de Esperanza.
Acceso prohibido ao Casco Vello desde rúa Elduayen

Acceso ao Casco Vello Alto: os residentes poden acceder desde o Paseo de Alfonso XII, por rúa da Ferreiría.

Saídas desde o Casco Vello para residentes e vehículos de servizo: pola rúa Méndez Núñez > rúa Caracol > rúa San Vicente > rúa Perigos > rúa Poboadores > Berbés ou Paseo de Alfonso XII

Saída prohibida desde o Casco Vello por Sombrereiros > rúa Elduayen

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email

Para continuar navigando debes aceptar expresamente a política de cookies.