Robots escavadores no subsolo

Baixo a Porta do Sol avanzan o traballo para desmontar as estruturas das tres plantas do antigo parking. O nivel máis baixo, a case 15 metros da superficie é todo unha canteira iluminada con focos e ruidosa, onde os operarios escavan na rocha con máquinas picadoras robotizadas.

É o único tipo de maquinaria que polo seu reducido tamaño pode manobrar nesta cova. Cavan grandes buratos que enchen con grosas mallas de aceiro. Están a construír as zapatas nas que se asentarán grandes piares de suxeición, os que sosterán as estruturas de soporte para a calzada de circulación do tráfico e, máis arriba, para o propio solo da praza.

As formigoneiras bombean desde a superficie sobre as estruturas metálicas aliñadas ao longo da escavación. No centro desas piscinas de formigón e aceiro asoman os núcleos dos piares, un especialista comproba o seu aliñamento cun calibre láser de exactitude milimétrica. É o único instrumento silencioso neste mundo a media luz de tubos de bombeo, estrondo e percusión de martelos e decibelios.

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email

Para continuar navigando debes aceptar expresamente a política de cookies.