Retirada da cuberta na praza
- 29/06/2021
A obra de reforma urbana en Porta do Sol entra nunha nova fase neste verán. Toda a lousa de cuberta e o forxado do antigo aparcadoiro vai ser desmontado para seguir traballando na construción da estrutura do túnel soterrado baixo a praza.
Neste momento todo o perímetro da praza está pechado coa valla metálica regulamentaria. O traballo inmediato é a supresión da superficie actual, recortando bloques de aproximadamente 5 x 2,2 metros, que logo son retirados por un guindastre para o posterior traslado en camións.
Deste xeito evítase un traballo de demolición con picadoras, máis molesto pola cantidade de po que provoca e ademais favorece a valorización das aproximadamente 1.600 Tn de residuos extraídos.
Unha vez descuberta a superficie, o traballo continúa na zona interior coa montaxe dos piares e vigas do chan e cuberta do túnel.