Son a Porta do Sol

Ola! Son a Porta do Sol. E agora que por fin vou ser unha praza, quero contar a miña historia desde o principio. Nacín en Vigo que daquela era un recinto amurallado. Así era a vila na Descripción Topográfica-Histórica publicada en 1840 por Nicolás Taboada y Leal. 

Unha comunidade de cerca de 3.000 habitantes vivindo entre murallas, que xa tiña nas zonas do Berbés e o Areal, como se ve no gravado, os barrios máis dinámicos tanto en actividades como en incremento da poboación.

Para continuar navigando debes aceptar expresamente a política de cookies.