Benvidos á web de información cidadá

A obra de reforma urbana na área da Porta do Sol e Elduayen vai crear un espazo peonil de 8.000 metros cadrados no centro de Vigo.

Unha maneira de facer Europa

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

O proxecto de “Soterramento do tráfico rodado da Porta do Sol e humanización e transformación peonil da actual rede viaria” está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (EDUSI) VigoVertical.

Oficina veciñal

Estamos ao teu servizo no barrio. Se queres facer unha consulta directa podemos atenderte persoalmente na Oficina de atención veciñal, en Elduayen 4 baixo, en horario de 10.00 a 11.00 horas. Lembra que tamén podes usar a sección de contacto por email da nosa web ou comunicar co Concello de Vigo a través da web, da App Vigo ou do teléfono 010.

Avisos

Mapa interactivo

A praza no tempo

Vistas do pasado, o presente e o futuro da Porta do Sol  

Nace un Príncipe

A rúa do Príncipe foi a primeira vía urbanizada fóra das murallas. A estrada de Castela empezou a converterse en 1861 na que sería a principal rúa do comercio de Vigo.

Ler máis »
imaxe arranque de rua Elduayen procesada en 3D

Vigo en 3D

A diferencia dos primeiros topógrafos chegados por Vigo, os novos profesionais usan tecnoloxías láser e informática avanzada para facer os mapas da cidade.

Ler máis »
Mapa Vigo Madoz y Coello 1856

Kilómetro 0 da Historia

Lembro perfectamente a primeira vez que saín nun debuxo. Daquela eu non era aínda una praza. Foi neste plano de Vigo de Coello e Madoz, de 1856, onde figura a Porta do Sol.

Ler máis »
Gravado vista oriental de Vigo y puerto

Son a porta do Sol

Ola! Son a Porta do Sol. E agora que por fin vou ser unha praza, quero contar a miña historia desde o principio. Nacín en Vigo que daquela era un recinto amurallado.

Ler máis »

Para continuar navigando debes aceptar expresamente a política de cookies.