Capa impermeable para a praza
Completados os traballos de impermeabilización da lousa que cobre o paso soterrado para o tráfico.
A obra de reforma urbana na área da Porta do Sol e Elduayen vai crear un espazo peonil de 8.000 metros cadrados no centro de Vigo.
O proxecto de “Soterramento do tráfico rodado da Porta do Sol e humanización e transformación peonil da actual rede viaria” está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (EDUSI) VigoVertical.
Completados os traballos de impermeabilización da lousa que cobre o paso soterrado para o tráfico.
Cambios na circulación de peóns en Elduayen polas obras de pilotaxe
Vistas do pasado, o presente e o futuro da Porta do Sol
A finais do s. XIX, tras a desaparición das murallas, a zona da Porta do Sol empeza a ser o centro dunha intensa vida social. O teatro ten entón un papel destacado.
Tras a invasión francesa en 1809 a poboación de Vigo pasara 3 meses confinada nas murallas, sen case víveres e baixo a presión dos invasores. Era tempo da Reconquista!
A case 15 metros da superficie, os operarios escavan na rocha con máquinas robotizadas, especializadas para manobrar no reducido espazo dispoñible.
A rúa do Príncipe foi a primeira vía urbanizada fóra das murallas. A estrada de Castela empezou a converterse en 1861 na que sería a principal rúa do comercio de Vigo.
A diferencia dos primeiros topógrafos chegados por Vigo, os novos profesionais usan tecnoloxías láser e informática avanzada para facer os mapas da cidade.
Lembro perfectamente a primeira vez que saín nun debuxo. Daquela eu non era aínda una praza. Foi neste plano de Vigo de Coello e Madoz, de 1856, onde figura a Porta do Sol.
Tes algunha consulta? Usa este formulario e responderémosche coa maior brevidade posible.
Suscríbete á nosa Newsletter para ter toda a información actualizada.