O pasado urbano reaparece
As obras de reforma urbana que se desenvolven actualmente na zona de Elduayen descobren os restos de vellas construcións, que neste momento estuda o equipo do servizo de arqueoloxía que acompaña as obras desde o principio.
Ao parecer trátase dunha antiga tajea para condución de augas residuais do vello saneamento urbano, construído xunto aos muros de vellas vivendas, probablemente parte das expropiadas no seu día para o trazado da rúa Elduayen.
A zona fora xa escavada en obras anteriores de reforma urbana en Elduayen e Porta do Sol, pero non ata a cota onde aparecen os restos. De feito apareceu tamén unha condución en PVC instalada sobre o trazado da vella tajea.
En todo caso, os achados serán obxecto do preceptivo informe que rexistra e documenta calquera vestixio atopado durante as obras.