O pasado da man do futuro

Unha instalación gráfica no valado da obra da Porta do Sol permite recuperar unha pequena parte do pasado da praza.

Na zona de acceso desde Policarpo Sanz ou Príncipe, unha composición de 18 metros de lonxitude mestura imaxes fotográficas do Arquivo Fotográfico Pacheco e a colección de postais do Museo de Castrelos do Concello de Vigo.

Os paseantes poden recuperar con esta exposición fragmentos da súa historia representados por esas escenas cotiás dos vigueses na praza.

Noutro extremo, os peóns que proceden da rúa Elduayen atopan unha infografía de máis de 10 metros coa recreación da Porta do Sol tras as obras: un avance do futuro ao alcance da vista.

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email

Para continuar navigando debes aceptar expresamente a política de cookies.