O centro da vida social

Desde a década de 1860 a Porta do Sol estaba xa no centro da vida urbana. Había mesmo un teatro, o Teatro de Vigo, neste edificio da foto na Praza da Princesa.

Desde 1830 houbera espectáculos en pavillóns máis ou menos provisionais fóra das murallas. e este xa era un teatro estable, pero cunha estrutura pouco adaptada para centro de espectáculos, como resaltaba a prensa local que demandaba a súa reforma en abril de 1866.

Programaba sobre todo zarzuela e segundo comentaban os xornais da época cada función era un cheo para a empresa e unha continua ovación para os artistas.

Un edificio que segue en pe e conserva un cacho da historia e a vida social de Vigo.

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email

Para continuar navigando debes aceptar expresamente a política de cookies.