A Porta do Sol estréase como nova praza da cidade

A Porta do Sol empeza a súa andaina como espazo totalmente peonil no centro da cidade, mentres entran na recta final os traballos de pavimentación que xa desde o verán permiten a libre circulación de peóns na nova praza.

Os 4.000 metros cadrados de superficie aproximada son agora un espazo polivalente con pavimento de granito rematado en dúas tonalidades, negro e gris, formando un debuxo de ondas en expansión desde a parte baixa da praza.

A Porta do Sol conta tamén con 6 farois de 10 metros de altura para a iluminación, cun deseño moderno e innovadores sistemas controlados por ordenador para diversificar o tipo de luces segundo as necesidades.

Mentres continúan os traballos nos accesos desde a rúa Carral e no encontro coa rúa Policarpo Sanz, a nova praza funciona xa como novo centro de reunión e ocio para veciños e visitantes

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email

Para continuar navigando debes aceptar expresamente a política de cookies.