EDUSI Vigo Vertical
As Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI), cofinanciadas a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), son o resultado de implementar a Estratexia Europa 2020 no ámbito urbano e buscan facer fronte aos retos de carácter social, económico, demográfico e medioambiental no mesmo.
Neste marco, o Concello de Vigo aprobou a EDUSI VigoVertical froito dun traballo dirixido á consecución de tres prioridades clave: un crecemento intelixente, utilizando os recursos dixitais e as novas tecnoloxías para acadar servizos para a cidadanía máis eficientes; un crecemento sostible, cunha economía dinámica, competitiva e concienciada co medio ambiente; e un crecemento integrador, de cara a unha plena cohesión social, fomentando a accesibilidade e a rexeneración física e social.
Para lograr as devanditas metas, a EDUSI VigoVertical asentase sobre os catro obxectivos temáticos establecidos polo FEDER e ten como obxectivos primordiais:
- Favorecer a implantación das TICs en todos os ámbitos municipais.
- Impulsar estratexias que permitan diminuír a pegada de carbono.
- Por en valor o patrimonio turístico e mellorar a condición ambiental.
- Mellorar a situación socioeconómica ou calidade de vida das persoas.
Este obxectivos se fan efectivos a través de 21 liñas de actuación que supoñen o marco no que se desenvolven os proxectos que farán realidade a estratexia.
O proxecto de “Soterramento do tráfico rodado da Porta do Sol e humanización e transformación peonil da actual rede viaria” da resposta aos obxectivos temáticos 4 e 6 (“Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores” e “Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos”, respectivamente)

Tráfico
- Optimización do transporte e servizos públicos
- Reordenación e regulación das vías urbanas que amplían a circulación peonil
Patrimonio
- Creación roteiros turisticos, culturais, históricos e artísticos
- Promoción dun eixo cultural e turístico que conecta a cidade
Infraestruturas
- Mellora da eficiencia enerxética de infraestruturas, equipamentos e servizos coa renovación de equipos e instalacións existentes
- Instalación de dispositivos de baixo consumo con sensores para redución deo consumo enerxético
- Elementos para captación de enerxía solar para autoabastecemento
