
Continúa a actividade na obra de Porta do Sol. A circulación de peóns e tráfico segue sen cambios ata finais de maio.
- O tráfico para residentes e servizos circula polas vías internas previstas no Casco Vello (ver aquí)
- Para o resto das persoas o tráfico está restrinxido. Se vostede precisa acceso puntual á zona Porta do Sol ou Elduayen pode facer consulta previa na Oficina de obra (ver aquí) ou ao través do formulario de contacto disposto nesta web.
- Por último, continúa con normalidade a circulación de peóns, que poden rodear sen problemas a zona de obras polos pasos establecidos.