Civis Global coloca o novo pavimento en Porta do Sol

A renovada cara da Porta do Sol empeza a tomar forma coas primeiras fiadas de pedra colocadas no tramo alto da praza.

As obras de reforma inclúen esta nova pavimentación que cubrirá unha superficie total duns 4.200 m² entre a saída de rúa do Príncipe e a zona de acceso a Praza da Constitución.

Neste tramo o chan está feito con lousas de granito San Martiño de 8 centímetros de groso sobre unha capa de morteiro. A pavimentación prevista leva distintos acabados, cun deseño final que evoca os trazos dun tren de ondas rompendo no mar.

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email

Para continuar navigando debes aceptar expresamente a política de cookies.