Instalado o pórtico na boca de acceso por Policarpo Sanz
Coa colocación de tres grandes vigas na zona de Policarpo Sanz, quedou instalada a estrutura que forma a boca de entrada para o tráfico soterrado baixo a Porta do Sol.
A operación consistiu na instalación de dúas vigas de aceiro para estruturas, con máis de 10 metros de longo e 8,4 toneladas de peso cada unha, apoiadas a modo de pórtico sobre as columnas laterais en formigón. A terceira viga, de 5.000 toneladas, situouse en sentido lonxitudinal para reforzo da estrutura nun dos laterais do pórtico.
A superficie deste área serve de límite para nova praza da Porta do Sol, e neste encontro coa rúa Policarpo Sanz forma un espazo inclinado que pode ser usado como escenario para eventos.
Mentres tanto continúan os traballos para completar este acceso para o tráfico soterrado baixo a praza. Ao mesmo tempo seguen as actuacións para instalación da rampa mecánica e resto de accesos desde a rúa Carral.