Circulación de peóns en Elduayen
- 20/06/2021
Unha vez iniciados os traballos de pilotaxe na rúa de Elduayen poñemos en marcha novas medidas para facilitar o tránsito de peóns na zona.
Dous corredores laterais permiten recorrer o traxecto entre Porta do Sol e Paseo de Alfonso XII e entre os peóns dispoñen de 4 zonas transversais para cambiar de beirarrúa na zona de obras.
Polo demais seguen vixentes as anteriores medidas:
- O tráfico para residentes e servizos circula polas vías internas previstas no Casco Vello (ver aquí)
- Para o resto das persoas o tráfico está restrinxido. Se vostede precisa acceso puntual á zona Porta do Sol ou Elduayen pode facer consulta previa na Oficina de obra (ver aquí) ou ao través do formulario de contacto disposto nesta web.
- En toda a zona, desde Policarpo Sanz e Porta do Sol, a circulación de peóns faise rodeando a zona de obras polos pasos establecidos.
Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email