As árbores volven á Praza da Princesa
A Praza da Princesa recupera as árbores que foran retiradas durante as obras de Porta do Sol. Trátase de exemplares de liquidámbar duns 5 metros de altura que xa completan o conxunto arbóreo que rodea a fonte da praza.
Para facer esta plantación e instalación das especies preparouse a terra e delimitáronse os bordes con pedra granítica en continuidade coa praza, quedando a superficie do alcorque rematada en metal.
Esta zona de Porta do Sol é un espazo moi concorrido e utilizado sobre todo como lugar de xogo polos máis pequenos. O conxunto completo de árbores completa este sector da praza, agora xa completamente aberta a unha gran superficie totalmente peonil.
Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email