Aforo limitado á Porta do Sol para o acendido do Nadal
- 10/11/2022
Os accesos á praza da Porta do Sol terán aforo limitado con motivo do acto de acendido do Nadal, que se celebra o sábado 18 de novembro. Para esta ocasión están tomadas as medidas para facilitar a mobilidade dos peóns.
A rúa Elduayen está aberta en todo o traxecto para facilitar o movemento das persoas, unha vez completadas actuacións que de estaban a desenvolver na zona.
Os residentes teñen habilitado un corredor lateral en todo o perímetro da zona para acceder a vivendas e negocios. Tamén os servizos de emerxencias dispoñen dese paso perimetral na zona de Porta do Sol.
O público poderá acceder a Porta do Sol ata completar o aforo establecido polos zonas previstas en : rúa Elduayen á altura da rúa Misericordia, na saída desde Praza da Constitución e desde o túnel de Praza da Princesa, na rúa Carral, na rúa Policarpo Sanz á altura de rúa Darío Álvarez Blázquez, na rúa do Príncipe, na rúa Doutor Cadaval e a Travesía de Aurora, na baixada rúa Segunda República e na rúa Ferrería.
No plano adxunto aparecen outros detalles de interese da disposición dos elementos do acto na Porta do Sol.