A rampla de Carral mellora a accesibilidade na Porta do Sol

Coa obra de reforma urbana realizada na Porta do Sol a accesibilidade na zona queda moi reforzada e orientada ao carácter peonil da praza. O último paso é a remodelación do acceso desde a rúa Carral que agora se realiza mediante unha rampla mecánica.

Cunha extensión de aproximadamente 25 metros salva o desnivel de 27o entre a zona Carral-Marqués de Valladares e a Porta do Sol, a maior pendente prevista para este tipo de instalacións.

Neste caso a rampla está cuberta cunha estrutura de aceiro galvanizado gris cun acabado específico anticorrosión e teito de vidro. A instalación está dotada tamén dun axardinamento que realza a instalación.

O acceso entre Carral e Porta do Sol mantén o dous pasos laterais para peóns, un deles sen escaleiras.

Esta zona de acceso á Porta do Sol conserva tamén a saída de vehículos do antigo parking como eventual saída de emerxencia para o tráfico soterrado baixo a praza.

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email

Para continuar navigando debes aceptar expresamente a política de cookies.