A Porta do Sol reconquista a cidade para os peóns

Plenamente integrada xa na vida urbana, a nova Porta do Sol acolle por primeira vez unha festa da Reconquista.

A praza urbana serve de escenario para algunhas representacións asociadas ao evento: o desfile das tropas francesas entre os berros dos vigueses rememora os momentos de tensión daquela momentánea invasión de 1809.

Vigo fora tomado polos franceses o 1 de febreiro e o 28 de marzo recuperaba a súa normalidade de vila amurallada.

Pero os muros empezaron a caer apenas 50 anos máis tarde, desta vez pola propia presión interna dunha vila que precisaba máis espazo para vivir.

A cidade que hoxe conmemora a Reconquista aposta tamén agora por recuperar espazo, desta vez para os peóns: por primeira vez a nova Porta do Sol acolle a súa gran festa convertida na nova praza do centro de Vigo.

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email

Para continuar navigando debes aceptar expresamente a política de cookies.