Desde o mes de xullo de 2022, tras rematar os traballos en superficie coa colocación do lousado de granito, a Porta do Sol xa é unha praza peonil totalmente aberta e con todo o espazo útil en funcionamento.
Continúan as obras da plataforma situada sobre a zona de Policarpo Sanz. Nese punto están dispostos os pasos para peóns polas zonas laterais, seguindo a beirarrúa na marxes esquerda e dereita.
O acceso desde a rúa Carral está pendente do remate de estudos arqueolóxicos realizados na zona.
Tes algunha consulta? Usa este formulario e responderémosche coa maior brevidade posible.
Suscríbete á nosa Newsletter para ter toda a información actualizada.