A nova praza da Porta do Sol aposta polas terrazas reguladas

A nova Porta do Sol no seu estado totalmente peonil é un espazo para uso público onde agora está prevista a ocupación parcial do espazo por parte da hostalería.

Para ese efecto, o Concello de Vigo dispuxo unha normativa que limita as terrazas a unha ocupación de catro cadeiras por mesa, contando sempre con parasois dunha cor uniforme.

Ademais están previstos uns corredores entre os edificios e as instalacións hostaleiras de alomenos 3 metros de separación en Porta do Sol e 3,5 metros na zona de Elduayen.

Dese xeito o espazo de case 6.400 m² de praza queda ocupado en forma de “illas” de mesas, permitindo que o patrimonio urbanístico quede destacado á vez que se desenvolven as actividades de ocio na nova praza.

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email

Para continuar navigando debes aceptar expresamente a política de cookies.