Suspensión temporal de obras

icon-calen

A UTE Puerta del Sol, a instancias do Concello de Vigo, decide suspender temporalmente as obras en marcha para a reforma urbana e peonil da Porta do Sol.

A razón desta suspensión temporal é a imposibilidade de acceder ás vivendas para realizar labores técnicas previstas no proxecto construtivo, unha situación derivada das  medidas vixentes durante a pandemia do Covid-19.

A situación fai imposible a instalación nas vivendas dos sistemas para detectar eventuais danos derivados das obras en marcha, como está previsto na normativa.  As obras reanudaranse en canto sexa posible resolver esta situación provisional. 

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email

Para continuar navigando debes aceptar expresamente a política de cookies.